4 restaurantes con Soles Repsol nos que probar un menú degustación por menos de 45 euros

4 restaurantes con Soles Repsol nos que probar un menú degustación por menos de 45 euros

Imaxe: Restaurante España

A Guía Repsol outorga cada ano os seus famosos Soles, que distinguen a excelencia gastronómica das mellores cociñas do noso país. Probar os seus menús degustación a un prezo alcanzable é posible e desde logo, do máis recomendable. Propoñémosche visitar algúns deles con esta lista de restaurantes con Soles e que dispoñen de menú degustación por menos de 45 euros.

A Taberna

Este local, situado na entrada do centro histórico de Ourense conta cun Sol Repsol. Sen dúbida destaca pola calidade dos seus produtos, tanto pescados como carnes e por suposto, os seus arroces. O prezo do seu menú degustación é de 36 euros (bebidas non incluídas).

Pablo Gallego

Pablo Gallego está  situado en A Coruña (moi preto da Praza de María Pita)  ofrece un menú degustación a un prezo de 39,95 euros. Composto de tres entrantes, un primeiro, un segundo e unha variedade de sobremesas especial da casa é unha opción perfecta para probar a alta gastronomía a bo prezo. Unha cociña creativa pero con raíces galegas que consegue ofrecer aos comensais deliciosas notas de bo saber facer culinario.

España

O restaurante España ofrece a súa cociña actual e coidada na Rúa Teatro de Lugo. Continuando o traballo do seu pai Francisco, os irmáns López ( Héctor, en cociña e membro do Grupo  Nove e Francisco, que xestiona a sala) ofrecen unha cociña actual de mercado no seu local. Ademais das súas múltiples opcións de carta, que inclúe carne de boi criado nas próximas fincas de Recelle, o restaurante ofrece un menú degustación que pode probarse por 45 euros (bebidas non incluídas).

A Taberna de Rotilio

Situado en Sanxenxo, A Taberna de  Rotilio é un establecemento emblemático que mestura a cociña de autor coa calidade dos seus produtos, moitos deles procedentes, como non podería ser doutra maneira, do mar. O prezo do menú degustación do local é de 40 euros (bebidas non incluídas)

Comparte...