Pulpeira y pulpeiro

Aceiteiras non reenchibles e pulpeiras

M. Vila

Comeza o día cunha interpretación da norma sobre aceiteiras non reenchibles á miña parecer erróneo, referido ao uso do aceite por parte das pulpeiras.

O Real Decreto, aprobado onte e publicado hoxe no Boletín Oficial do Estado refírese exclusivamente a “os aceites que se porán a disposición do consumidor final”, é dicir, ás aceiteiras que se poñen na mesa para aderezar ensaladas ou calquera outro prato. Nunca aos aceites que se empregan na cociña. Esta idea vese reforzada no seguinte parágrafo do BOE cando fala de envases que se poderán pór a disposición dos consumidores máis dunha vez.

É evidente que a norma se dirixe ás citadas aceiteiras de mesa. E non establece envases individuais ou dun só uso, senón non reenchibles. Poderán conter 10 ou 20 centímetros cúbicos (caso de sobres individuais que xa usan moitos establecementos) ou serán botellas dun litro, por exemplo, que irán á mesa moitas veces. Pero sempre etiquetadas e non reenchibles.

Dos aceites que se usan na cociña nada di o Real Decreto. Creo que as pulpeiras poderán seguir como até agora, coas súas aceiteiras de latón.

Comparte...