¿E se a Cata dos Queixos de Galicia a gaña un queixo curado?

¿E se a Cata dos Queixos de Galicia a gaña un queixo curado?

Por Miguel Vila

Rematou a Cata dos Queixos de Galicia, de cuxo panel formei parte como nos últimos anos, con sorpresa, e teño que dicir que agradable para min. Entre os nove queixos da denominación de orixe San Simón da Costa houbo dous que non respondían ao habitual nestes casos, xa que o normal é que as queixerías participen con queixo coa curación mínima que esixe o regulamento, que son 45 días.

Como digo, dúas das mostras catadas eran queixos de varios meses de curación e, polo tanto, moi diferentes dos que habitualmente atopamos no mercado. ¿E qué pasaría si un destes queixos gañase a Cata?.

Sen dúbida estaríase marcando un camiño novo que, en realidade, supón volver ás orixes, xa que o queixo curado ten unha longa tradición en Galicia. Os queixos curados no ámbito do San Simón da Costa, de Arzúa-Ulloa e, sorpréndanse, do Cebreiro, teñen unha longuísima tradición, inda que sexan poucas as probas que hai hoxe no mercado.

Haberá que agardar a decembro para coñecer o resultado das catas. Se gaña un San Simón curado será un bo impulso para unha produción que moi pouco a pouco algúns queren recuperar.

Comparte...