Conxele os prezos, non o marisco

Conxele os prezos, non o marisco

Chegadas estas datas próximas ás festas de Nadal e Aninovo, moitos consumidores lánzanse a mercar o marisco que consumirán nas comidas e ceas deses días, conxelándoo ata entón.

Un establecemento da costa lucense, a Cetárea Burela, ofrece a posibilidade de conxelar o prezo pero comer marisco fresco.

A proposta consiste en que se pode mercar xa o marisco, cos prezos vixentes a día de hoxe, pero non será entregado pola cetaria ata a data que se lle indique, remitindo ao domicilio do comprador marisco fresco.

Esta cetaria ofrece lagosta, lumbrigante, centola de ría, percebe, camarón, nécora, santiaguiño, boi de mar, cigala, navalla e ameixa. Pode servir o marisco xa cocido, empregando para iso auga do propio mar.

¿Qué máis se pode pedir?

Comparte...