
Currimar: a paixón de 3 mulleres pola pesca sustentable e a tradición
María Mosquera Leal
Cando Neves Medina, Nuria Carreño e Pracer Rodríguez decidiron poñer en marcha Conservas Currimar en 2012, xa cumpriran 45 anos. Traballaban noutros sectores e residían fóra de Galicia, pero ao trasladarse a Burela por motivos persoais Neves e Nuria, vírono claro. As tres decidiron dar un gran paso adiante nas súas vidas, embarcándose nun proxecto que ademais buscaba apoiar a pesca sustentable, trasladando a mellor calidade e bo facer dos mariñeiros das costas da Mariña Lucense ao mercado. Converteron o que elas definen como “unha afección moi estendida nos fogares da comarca”, nunha fonte de ingresos. E conseguírono. Paso a paso, sen présa pero sen pausa, chegaron a mercados internacionais como o mexicano e a chamar a atención de afeccionados ás conservas de todo o país.
No seu obradoiro só entran pezas de Bonito do Norte duns 10 quilos comprados directamente na lonxa de Burela e pescados ao Curricán, un a un e con cana. Pezas que normalmente se usarían pola súa calidade en cociña e non para conservar, o que constitúe un aspecto diferencial clave con respecto á súa competencia. Todo como fan as mulleres da zona para as súas familias, respectando o produto e aplicando a todo o proceso moito agarimo.
O bonito prepárase en lombos en aceite de oliva, cunha maceración mínima de 20 meses, en escabeche, en salsa de tomate, en aceite de oliva ecolóxico e ao natural (con auga de mar depurada); tamén envasan o cocote, a ventresca, marmitako ou faragullas de bonito en aceite de oliva. En paralelo apostaron por traballar o polbo, que se comercializa cocido e envasado con aceite de oliva virxe extra, ou como base dun salpicón.
A elaboración artesanal, o empeño por apoiar unha pesca sustentable, tan necesaria para o correcto mantemento dos nosos recursos naturais, e o material de primeira calidade, son as claves desta conserveira liderada por mulleres. Un aspecto tamén destacable nun sector moi masculino, no que poucas conseguen chegar a postos directivos. Unha historia cun final feliz, no que tanto consumidores como emprendedoras saen gañando, e de paso o bonito de Burela chega a outros mercados con todo o sabor da verdadeira tradición da zona.
Probablemente nunca conseguiré probar sus productos.
Errores en la denominación (doble nombre) y de relación con el mercado (no saber que una empresa no acaba en la puerta del almacén si no que debe contar con sus puntos de venta) me impedirán como consumidor conocer las bonadades de su producto. Una lástima -que se repite en tantas empresas-
En primer lugar queremos agradecer su interés por nuestros productos, así como su comentario, ya que sin duda nos servirá para mejorar. Tomamos nota y buscamos solución.
Para que no deje de probar nuestros productos puede acudir al Club del Gourmet del Corte Inglés, o a establecimientos en Madrid como Gold Gourmet, España en la Mesa o Cuenllas; en Asturias en Coalla Gourmet, en Barcelona en Ego Galego, en Galicia en La Sucursal, Juncal, José Bermúdez o Valladares. Si se pone en contacto telefónico o via mail con nosotras, gustosamente le indicaremos cual es el punto de venta más cercano a usted.