Huevos de galliña de Mos alimentada con castañas, de la marca galo Celta

Ovos galegos a 24 euros a ducia

Entre nove e doce euros a media ducia será o prezo de venda dos ovos máis selectos que producirá en Vila de Cruces David Sueiro, comercializados a través da súa marca Galo Celta.

A cabeza de David é un cesto repleto de ideas ás que se suman as dos cociñeiros de primeira fila cos que traballa, como Iván Domínguez e Pepe Solla, ou o asturiano Nacho Manzano.

Aparte de galos de raza de Mos criados en liberdade nas carballeiras cruceñas, pulardas alimentadas con verzas para obter carnes diferentes e outros produtos variados, Sueiro traballa actualmente na posta no mercado de dúas liñas de ovos de galiña moi especiais.

Nun caso as galiñas da raza autóctona Mos serán alimentadas con fariña de castañas ourensás moídas nun muíño de pedra centenario movido polas augas do río Ulla. No outro, o complemento alimenticio será cuncha de ostra de Cambados. “Os ovos saben a noces verdes pola cantidade de iodo que conteñen”, asegura David.

O seu consumo será unha experiencia limitada a uns poucos, xa que inicialmente a produción realizárase cunhas duascentas galiñas, o que supón obter unhas poucas ducias de ovos diarias. Os ovos irán destinados á alta restauración, inda que tamén poderán ser adquiridos polo público na granxa escola que David Sueiro prevé abrir antes do verán, na que unha casa de 150 anos de antigüidade, rehabilitada, permitirá ao visitante adquirir os produtos da granxa e outros propios da zona, así como coñecer de primeira man os sistema de produción de ovos, galos e pulardas e as producións de horta, nunha visita guiada polo propio Balbino, o protagonista da novela máis lida da literatura galega, “Memorias dun neno labrego” do veciño de Vila de Cruces Neira Vilas.

Una visita obrigada para o verán que se aproxima.

Comparte...