Kuri Shochu, o soño xaponés de Xosé Posada

Kuri Shochu, o soño xaponés de Xosé Posada

¿Imaxinan un produto feito en Galicia en exclusiva para o mercado xaponés?. Pois existe e saíu da imaxinación de Xosé Posada en colaboración cos investigadores da Universidade de Vigo.

Chámase Kuri Shochu. É unha augardente elaborada exclusivamente a partir de castañas fermentadas, con 37,5 grados de alcohol e un regusto a fermentación semellante ao do tradicional sake xaponés. “Sabor amiláceo” insistía sempre Xosé cando lle falaba da augardente e lle insistía, evidentemente sen éxito ningún, en que a puxera tamén no mercado galego.

O Kuri Shochu manifesta claramente ese sabor amiláceo, sen deixar de lembrar ás tradicionais augardentes galegas. Por vía retronasal maniféstanse claramente as castañas das que está elaborado.

No primeiro número de BenBo hai unha ampla reportaxe sobre as castañas galegas e no mesmo non podía faltar esta rareza producida en Ourense e consumida no Xapón.

Comparte...