Lugo ¿Capital Española da Gastronomía?

Lugo ¿Capital Española da Gastronomía?

Por segunda vez, Lugo presentou a súa candidatura a Capital Española da Gastronomía. Neste caso para o ano 2015, competindo con Valencia, Cáceres, Cartaxena e Huesca.

A capital valenciana recolle adhesións á súa candidatura a través dunha web na que explica o seu proxecto e con apoios públicos como o do Valencia C.F. Huesca tamén dispón dun sistema de adhesións na súa web municipal. Cáceres asegura contar co apoio de Ferrán Adrià, Juan Mari Arzak, Ramón Freixa, José Coronado, Eduardo Noriega, Rosa María Sardá, Malena Alterio, Fernando Trueba e José María Íñigo.

¿E Lugo?. Como di o chiste, “ben, gracias”. Na web do Concello nin unha mención ao asunto. O mesmo na web oficial do San Froilán ou na de Turismo de Lugo, que leva máis dun mes “en obras”. A web de “E para comer, Lugo”, da asociación provincia de hostalería, segue coa volta ciclista… O resultado é que ata algún destacado cociñeiro lucense descoñece a candidatura.

Malia o previsible desastre, BenBo apoia a candidatura de Lugo a Capital Española da Gastronomía 2015. Queda dito.

Comparte...