Marcando camiño

Marcando camiño

No “Fogones lejanos” desta semana puidemos ver o traballo de Daniel Negreira en Taipei e lembramos que nos contou que ía gravar para ese programa cando falamos con el para que protagonizara a sección Diáspora do primeiro número de BenBo. Inevitablemente volveu á nosa cabeza o impacto que aquel reportaxe tivo nos medios galegos, que nas semanas seguintes á publicación da revista levaron a Daniel aos xornais, radios e televisións do país.

Empezábamos marcando camiño aos colegas de medios xeneralistas e en números sucesivos continuou pasando o mesmo.

Fomos os primeiros en tratar de maneira monográfica os viños monovarietais de merenzao, pero non os últimos…

Escribimos sobre queixos galegos descoñecidos para a meirande parte dos galegos e de súpeto comeza o interese mediático por algúns deles.

No último número de BenBo (o cinco, saído a finais de xullo) sacamos en portada a peneira e en agosto ese marisco estivo en telediarios de televisións estatais e nos principais xornais galegos.

Estamos encantados de servir de guía a medios de información xeneralista. E de ver que, como bos profesionais, fan o seu traballo propio no canto de copiar o alleo, inda que as coincidencias sexan inevitables cando se tratan os mesmos temas.

Comparte...