Conserva de mejillones

“Mexillón” e “Galicia”, xuntos só nos produtos con denominación de orixe

As palabras “mexillón” e “Galicia” so poden ir xuntas cando se trate de produtos amparados pola denominación de orixe Mexillón de Galicia, segundo o Consello Regulador, que informa de que o xulgado Mercantil de Pontevedra condenou á empresa Javimar polo etiquetado das súas conservas de mexillón.

Segundo o Consello Regulador “Posto que a empresa Javimar non está inscrita no rexistro da DOP, os seus produtos non poden facer referencia a Galicia no etiquetado, con independencia de si o produto comercializado é Mytilus Galloprovincialis ou calquera outra especie que poida ser considerada mexillón”.

Se a sentenza se confirma unha vez resolto o previsible recurso da empresa condenada, o resultado será que os consumidores deberán afacerse a mirar o rexistro sanitario das conservas alleas á D.O.P. se queren saber se foron elaboradas en Galicia ou noutra parte, xa que non sempre a empresa elaboradora e a comercializadora coinciden.

Tampouco estaría de máis clarificar se unha empresa de fóra de Galicia pode exhibir o rótulo “Alta cocina gallega” en latas de mexillóns do Pacífico so polo feito de que foran envasados en Galicia.

Semella que os intereses comerciais priman sobre os dos consumidores. Non é novo.

Conserva de mejillones con la leyenda

Conserva de mejillones con la leyenda “alta cocina gallega”

La empresa navarra comercializa mejillones del Pacífico, envasados en Galicia, con la leyenda

La empresa navarra comercializa mejillones del Pacífico, envasados en Galicia, con la leyenda “alta cocina gallega”

Comparte...