Melindres, ricos e amendoados, en Melide

Melindres, ricos e amendoados, en Melide

Melindres, ricos e amendoados son os protagonistas da festa que cada primavera dedica Melide aos seus doces tradicionais. Entre eles destacan de forma especial os ricos, unha galleta de nata que só producen cinco pastelarías en todo o mundo. E as cinco están en Melide!.

En definitiva, os ricos son unha galleta na que a manteiga de vaca cocida toma un especial protagonismo e ás que se dá forma dunha maneira moi especial, cunha antiga máquina de embutir chourizos, o que lles confire unha curiosa característica: a dificultade para comelos. Parecen galletas feitas para evitar tentacións.

O proceso de amasado dos ricos non ten ningún segredo. Fariña, azucre, ovos, anís, manteiga cocida licuada e bos brazos, porque debe quedar unha masa dura.

Despois coa máquina dos chourizos fórmanse longas filas de masa sobre latas de forno, córtanse en anacos duns poucos centímetros e cócense no forno. Resultan galletas rectangulares, duras e cheas de picos.

Na reportaxe que no número 3 de BenBo dedicamos aos ricos, Alberto Rodríguez, propietario de Pastelería Estilo e presidente da Asociación de Repostaría Tradicional Melide Terra Doce, descubríanos o seu segredo para comelos: “Eu partoos á metade e comezo a comelos polo centro, que aí son menos duros”.

Actualmente producen ricos cinco establecementos da localidade e practicamente todos se venden en Melide, o que os converte nun produto moi exclusivo.

A Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional dá Terra de Melide celébrase o 11 de maio.

Cartel de la Festa do Melindre 2014

Cartel de la Festa do Melindre 2014

Comparte...