Queso D.O.P. San Simón da Costa

No todo “San Simón” es “da Costa”

Pouco respecto nos programas de cociña estrelas da televisión española polo produto galego. Se hai meses un deles poñía como exemplo de produto galego vieiras frescas e vivas cando en Galicia estaban en veda, agora é Master Chef o que leva ás pantallas un queixo “San Simón” que nin está amparado pola D.O.P. San Simón da Costa, nin se elabora na zona de produción de dita denominación de orixe.

Nin o “experto queixeiro”, nin os chefs que compoñen o xurado do concurso, nin os equipos que están detrás das cámaras nin a concursante pontevedresa que o empregou no seu prato foron quen de darse conta de que ese queixo nin é un San Simón da Costa nin se lle parece.

O “experto queixeiro” presentouno como un “San Simón”, sen máis, sen engadir “da Costa”. ¿Gañas de abreviar ou era consciente do que tiña derriba da mesa?. Lidia, a concursante pontevedresa, levouno para a súa mesa de traballo “porque era o único queixo galego que había” e non tivo reparos en calificalo como “San Simón da Costa”.

Esta é unha captura de pantalla do queixo presentado no programa.

Queso

Queso “San Simón”, no amparado por la D.O.P. San Simón da Costa

Esta unha foto dun queixo amparado pola D.O.P San Simón da Costa. A contraetiqueta non é a única diferenza.

Queso amparado por la D.O.P. San Simón da Costa

Queso amparado por la D.O.P. San Simón da Costa

Comparte...