O Tío Benito: fogóns con 42 anos de historia

O Tío Benito: fogóns con 42 anos de historia

Alicia Conchas Rebollido/ María Mosquera Leal

Irene, sempre cun sorriso, adoita recibir  na porta aos clientes que o fin de semana acumúlanse na barra pedindo mesa. Así ata chegar a preto de 200 comensais que pasan por O Tío Benito entre o sábado e o domingo. A constancia, a paixón polo traballo ben feito e os produtos de calidade foron as claves do éxito que lle outorgou a este restaurante a mellor das recompensas: unha fidelidade que traspasa xeracións e estar referenciados na Guía Repsol como establecemento recomendado.

En Ribadumia, en pleno corazón da comarca do Salnés e onde o viño de Barrantes corre por milleiros, O Tío Benito abría as súas portas en marzo de 1974. Durante este mes unha copita de champaña ao final da comida lembra a todos os clientes que están a celebrar corenta e dous anos entre fogóns. A súa Bandeira, cociña caseira galega cun toque especial que Camilo Lojo, hoxe xubilado, e a súa compañeira de aventuras Saladina, souberon trasladar á súa filla maior Irene, que apostou por continuar coa mesma fórmula de traballo.

O Tío Benito

O Tío Benito ten unha carta fixa, pero nela vanse incluíndo pratos diferentes a diario para que os comensais habituais atópense cun menú variado que funciona. Comida galega como carne ó caldeiro, callos, choquitos na súa tinta, polbo con cachelos, unha estupenda empanada ou peixes de primeira calidade como rela, pescada ou rodaballo cociñados ao estilo tradicional. E as sobremesas non quedan atrás; destacan as cañitas de cremas caseiras ou mousse de mascarpone con amorodos para comezar unha magnífica sobremesa.

Unha deliciosa experiencia que merece a pena e alcanzable para todos os petos.

Onde? Avenida Bouza Martin, 4, Ribadumia, Pontevedra

Comparte...