Os máis pequenos, tamén protagonistas do # CocidoDay 2019

Os máis pequenos, tamén protagonistas do # CocidoDay 2019

Mañá celébrase unha nova edición do Cocido Day e numerosos participantes prepáranse xa para comezar a tuitear e colgar nas súas redes sociais as bondades dun bo cocido desde numerosas partes de Galicia, fóra da nosa comunidade e ata en países como Panamá, Italia ou Irlanda. Un dos pratos estrela da nosa gastronomía será o protagonista das mesas oficiais nas que, como novidade este ano, haberá nenos e nenas. En concreto esta é a proposta do restaurante do Hotel Balneario Oca Augas Santas en Pantón, Lugo. En plena Ribeira Sacra, estes pequenos  foodies participarán cos seus pais nunha xornada na que non faltarán actividades e ludoteca para que os maiores poidan facer unha boa e tranquila sobremesa. Silvia Viqueira de Antonautas na Iagosfera, Santi Riveiro de El Correo Gallego, Raquel Rosa do espazo de Radio Galega A  Tribo e Carmen Díaz de  Escapalandia serán os primeiros invitados ao #cocidoday que leven ás súas parellas e fillos á súa mesa oficial.

Os organizadores desta cita, que pretende dar visibilidade internacional ao cocido, lograron que se sumaron 153 restaurantes de ata 8 países ao seu obxectivo. Moitos dos establecementos repiten participación nun evento que se fixo un oco no calendario do sector e que se converte nun punto de encontro de blogueiros, xornalistas e persoas con influencia en redes sociais vinculadas coa cociña e a gastronomía.

O pregoeiro virtual deste ano será Tonhito de Poi que dará o pistoletazo de saída ás comidas ás 14:30 horas cun vídeo en directo desde o Pazo de Bendoiro en Lalín a través de Facebook Live.

O cocido, mañá será tamén  yummymolto  buono. Conseguirase trending topic? Saberémolo en poucas horas.

Comparte...