Percebes. O que costan e o que valen

Percebes. O que costan e o que valen

Os percebes son carísimos. É a idea que rolda todas as cabezas, especialmente nas datas de Nadal en que os telexornais informan dos prezos que acadan nas lonxas e nos mercados. Desta volta o máximo anual marcouno a lonxa da Coruña o 27 de decembro, día en que se adxudicaron percebes a 209 euros o quilo.

Pero a realidade non é tan feliz para os percebeiros como pode parecer, xa que no mesmo mes de decembro de 2012 e na mesma lonxa da Coruña vendéronse percebes a tres euros por quilo, que foi o prezo máis baixo de todo o ano. As oscilacións de prezo reflicten as distintas calidades do produto e as variacións na demanda.

No conxunto do ano 2012 pasaron polas lonxas galegas 399.027,11 quilos de percebes, que se venderon por un total de 7.353.145,62 euros, o que supón unha media de 18,43 euros por quilo.

O documental filmado en Cedeira por David Beriain obriga a preguntarse se o prezo paga o risco. Pero tamén hai que aclarar que as condicións do traballo non son sempre as mesmas. Hai días de mar calma.

Percebeiros (Sea Bites) 1280×720 from enpiedeguerra on Vimeo.

Comparte...