Pink Cow, refresco creado por Flavio Morganti y fabricado en Galicia

Pink Cow torea a Red Bull

vaca galega evitou por dúas veces a embestida do touro austríaco

A OAMI, axencia europea encargada do rexistro de marcas, acaba de dar a razón a Pink Cow fronte ao multinacional Red Bull, que tentou que a marca galega deixase de usar a imaxe dunha vaca alada para evitar confusións cos seus produtos.

Cóntanos Flavio Morganti, o cociñeiro ourensán de orixe italiana responsable de Pink Cow, que Red Bull pretende evitar o uso das ás na vaca imaxe do seu produto, posto que aínda que o logo da empresa austríaca é un touro vermello turrando, na súa publicidade empregan a expresión “Red Bull dáche ás”. O que non dá é a exclusividade das mesmas, segundo dixo en 2013 OAMI e acaba de confirmar ante o recurso do touro á primeira decisión. A vaca galega evitou a arremetida do touro austríaco e continuará portando as súas ás características.

No seu comunicado de prensa Pink Cow aclara que o seu produto non compite cos de Red Bull, posto que non é unha bebida enerxética nin contén excitantes como cafeína, taurina, ginseng, ou guaraná, presentes nese tipo de bebidas, de forma que a teimosía do touro en continuar coa súa demanda parece fóra de lugar.

O macho austríaco insiste en tentar cornear á vaca galega, cando toda a comunicación e imaxe de Pink Cow está baseada en resaltar os aspectos femininos do seu produto, todo o contrario que Red Bull.

Pink Cow é un refresco saído da imaxinación de Flavio Morganti e fabricado en Galicia. E de momento non ten un equipo de fórmula un.

Comparte...