Vino Verdadero

Vino Verdadero, revista e tenda

Unha revista dixital con tenda ou unha tenda con revista, de ambas as maneiras pódese ver Vino Verdadero, o novo proxecto encabezado por José Luís Louzán, xornalista e tendeiro de viños, coñecido a través do seu blog La Trastienda de…

Non é a primeira vez en Galicia en que a información sobre viños e a súa venda van da man. No seu momento Vino Gallego tamén foi ambas as cousas ata o momento en que a información e a venda foron por camiños diferentes.

En calquera caso, Vino Verdadero conta coa vantaxe de ter á fronte a un profesional da comunicación que, ademais, nunca se mordeu a lingua. E non menos vantaxe é contar con tres colaboradores de luxo, como son Antonio Portela (O Viticólogo dos Bagos), Joan Gómez Pallarés (De Vinis) e Mariano Fisac (Mileurismo Gourmet).

Na súa presentación a revista asegura que “aquí non haberá mercadotecnia, imaxe, deseño… só verdade. A verdade duns viños que nos contan de onde veñen: as súas uvas, as súas viñas, a súa terra, o seu autor… viños que son”.

Benvidos e moita sorte!

Comparte...