A Coruña réndese aos viños de Xerez

A Coruña réndese aos viños de Xerez

Por Candela Blanco

Cando chegas ao Bocanegra o primeiro que che sorprende é a distribución do local, cunha ampla cociña no medio e zona de barra frontal e máis de trinta mesas a cada lado. O equipo deste restaurante situado en pleno corazón da cidade da Coruña (R/ Rega de Auga, 33) abre as súas portas ás 9.00 da mañá e pecha ás 0.00 horas por semana, a condición de que non haxa algún evento especial. E iso foi o que pasou a semana pasada.

Xerez atopouse coa Coruña e o resultado foi excepcional. O evento non deixou indiferente a ninguén. A cea-maridaxe contou con dous capitáns de excepción, como son Pablo Pizarro á fronte do equipo dos fogóns do Bocanegra e o xornalista e embaixador da D.O. de Xerez, Pepe Ferrer, quen asesorou sobre os viños que acompañaban as creacións do oficial Pizarro.

Ás dez deu comezou o espectáculo que arrincou coa primeira sorpresa da noite: un aperitivo –Soleira 1847– de 8 anos de crianza da adega González-Byass, un cream oloroso e seco cun puntiño doce ao ter un 20% de Pedro Ximénez na súa composición. Servido cun twist de laranxa e unha pedra de xeo, perfecto para “vermutear” a gusto.

A primeira das creacións de Pablo Pizarro consistiu nun Aguachile de vieiras maridado con manzanilla Aurora, procedente de San Lúcar de Barrameda e cinco anos de soleira. Trátase dun viño fino cun toque salino que serve para suavizar o cítrico da salsa e realzar o sabor da vieira.

ADN viaxeiro

“Os viños de Xerez -comentaba Pepe Ferrer- teñen un ADN viaxeiro e maridan moi ben cunha cociña ecléctica con sabores tradicionais e marinados, cos picantes, os ácidos e os afumados da cociña de Pablo Pizarro. Cociña viaxeira con viños viaxeiros. Parella perfecta”.

O mesmo veu de San Lúcar de Barrameda serviu para ilustrar a segunda proposta do Bocanegra: Espárragos, Touciño entrefebrado e Huevas de Ourizo. A manzanilla Aurora servía neste caso para limpar o salgado do touciño entrefebrado e o acedo dos espárragos ao mesmo tempo que lle achegaba un punto divertido ao prato máis sinxelo.

O Cebiche de Peixe do día e a Pescada, Allo porro e Trufa de Verán tiveron como compañeiro de padal un fino –Fino Perdido–  da adega Irmáns Sánchez Romate con nove anos de crianza e un deseño vintage na etiqueta espectacular. Unha referencia diferente, elegante e duradeira que se encargou de reforzar ao máximo o picante do cebiche e preparar o gusto para recibir un prato máis suave como a pescada co sabor do picante aínda na boca.

O menú do Bocanegra terminou cun contundente Taco de Carrillera, Bogavante e Chipotle aderezado cun pau cortado –Leonor– tamén da adega González-Byass de 12 anos e que explotou o especiado do prato. Cun toque afumado para potenciar o fondo do guiso ata o infinito.

Como colofón, unha sobremesa de Froita da paixón, chocolate e amorodo e a sensación de asistir a todo un máster do sabor e as ganas de seguir aprendendo neste marabilloso mundo que é o da gastronomía. E isto que teñen “tah cosah do comé e do bebé”.

Comparte...