A gastronomía galega, nas paredes de Fitur 2016

A gastronomía galega, nas paredes de Fitur 2016

Catas dos productos galegos con denominación de orixe, presencia galega da man de Pepe Solla e os alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia na cena de gala da entrega dos Premios OMT ou a entrega dun recoñecemento ao Outono Gastronómico, a presenza da gastronomía galega en Fitur foi transversal pero escasa, sobre todo se temos en conta que se trata dun dos principais motivos polos que os turistas galegos se achegan a visitar a nosa Comunidade.

Unha vez máis, o Salón Internacional de Turismo de Madrid acolleu presentacións de productos e destinos turísticos onde a mención á nosa riqueza e variedade gastronómica non faltou pero no que se botaba de menos un espazo específico que permitira ao visitantes coñecer algo máis da enorme riqueza enogastronómica que posúe a nosa comunidade.

No amplo stand de Galicia en Fitur, no que non faltaban espazo para as diferentes provincias e produtos tan senlleiros como a entroido, os faros e as praias, o Camiño de Santiago ou a artesanía de Galicia, a Aula de Catas era o único punto onde o visitante podía asomarse á nosa gastronomía a través de catas de queixo, viños e destilados así como produtos ecolóxicos, pero se botaba en falta información máis amplo ao respecto, que se salpicaba polos mostradores de folletos ao redor do stand.

A IXP Ternera de Galicia e a D.O Ribeiro ofreceron senllas catas no espacio do Ministerio de Agricultura e un dos chefs galegos máis recoñecidos, Pepe Solla, foi o encargado de levar a batuta na cena de galega da OMT, poñéndolle un pouco de sabor galego ao evento. A discreta presenza de cociñeiros galegos na cita turística madrileña completouse coa fugaz aparición dos chefs de Maruja Limón, Rafa Centeno e Inés Abril, para a presentación de Vigo e de Flavio Morganti cando foi a quenda de Ourense.

Polo demais, semella que ver en directo o excelente nivel acadado polos nosos profesionais queda reservado, quizáis, para a seguinte cita na capital, Madrid Fusión, polo que os visitantes ao espazo turístico galego na Feira Internacional de Turismo tiveron que conformarse con ver as Estrellas Michelin e os Soles Repsol – motivo de orgullo e mención en tantos e tantos discursos- nas paredes da cafetería do stand, moi ben atendido, iso si, polo persoal do CSHG.

Comparte...