Libros para Nadal

Libros para Nadal

Por Miguel Vila (texto publicado en Colineta)

Os libros son un agasallo moi apropiado para as festa de Nadal e cos de gastronomía aseguramos o acerto cando o agasallado se interesa polo tema. Pero hai libros e libros, así que aí va unhas recomendacións.

BenBo. Non é un libro porque se presenta coa estrutura dunha revista e como tal vai saír ao ár periodicamente. Pero por contido supera moitos dos libros gastronómicos que se ofrecen na actualidade. Unha suscripción é un bo agasallo… e a única maneira de adquirila.

Abecedario das mantenzas. Obra póstuma de Fausta Galdo (Edicións Xerais), un home que xa escribía de gastronomía cando moitos dos que o fan agora ían á escola. Fausto, médico, profesor universitario, gastrónomo, bibliófilo posuidor dunha importante biblioteca gastronómica, o mesmo fala na súa obra de produtos que de personaxes, de usos e costumes ou de dietética, pero cun estilo ameno e divulgador. Esta Abecedario lembra antigos dicionarios de cociña.

El libro de cocina de Alice B. Toklas. A pesar de ter máis de medio século, é un libro aínda vivo porque a cociña e a gastronomía serven como nexo de unión entre as diferentes historias que a compañeira sentimental de Gertrude Stein nos relata. Historias que son historia, un libro que é testemuña dunha época na que Europa estaba sacudida pola violencia pero no que a gastronomía seguía bulindo, inda que so fora na cabeza da autora. O libro publicouse este mesmo ano nunha tradución ao castelán feita polo galego Xosé Antonio López Silva..

Los días de La Noche. Recompilación de artigos publicados por Álvaro Cunqueiro no diario vespertino compostelán La Noche, no período 1959-1962. Como sempre, a obra xornalística de Cunqueiro está repleta de gastronomía. De calidade non é preciso falar.

Comparte...