Plans de futuro para a Asociación de Colleiteiros do Ribeiro

Plans de futuro para a Asociación de Colleiteiros do Ribeiro

A entidade, que aglutina 31 pequenas adegas adscritas á D.O Ribeiro produciu o ano pasado unhas 700.000 botellas

Carmen Fernández. A Asociación de Colleiteiros do Ribeiro deu este mes de abril un paso máis no seu proceso de refundación e consolidación como un instrumento vital para dar a coñecer non só o traballo dos pequenos viticultores que a conforman se non tamén para canalizar accións de promoción conxuntas e contribuír a crear unha imaxe de marca. E para dar este paso escolleron o Parque Náutico de Castrelo de Miño e unha posta de longo da nova anada destes viños que pequena produción que teñen máis complicado atravesar fronteiras e chegar ao consumidor final.

A Asociación de Colleiteiros do Ribeiro, que actualmente preside Brais Igrexas, foi constituída a finais de 1998 pero o tempo e a crise desdibujaron un proxecto que agora rexorde con puxanza e coa forza que lle dá pasar de sete a 31 colleiteiros que actualmente a conforman en menos dun ano. Un impulso que non lle dan só os números se non a confianza no potencial de estes viños do Ribeiro , dos que o ano pasado a asociación produciu unhas 700,000 botellas. A iso hai que engadir un esforzo conxunto e a substitución xeracional en moitas adegas, sangue nova para traballar polo futuro das adegas desta zona. “Asegurarnos a substitución xeracional, o futuro da nosa rexión e por extensión o do rural galego, é a nosa primeira prioridade, non é tarefa fácil, custásenos moito esforzo, pero a causa é xusta e o obxectivo é nobre, Galicia demándanolo e nós debemos correspondela”, asegurou o presidente

Na presentación desta nova fase do proxecto, Brais Igrexas destacaba que “a comercialización do viño non é tarefa fácil, a promoción xa de antes importante, converteuse agora en crítica”. Neste sentido, destacan que o traballo das D.O, moi importante a nivel de promoción, é imposible que poida articular accións que se axusten ás necesidades de todas as adegas, pequenas e grandes. Por iso “é moi importante que as diferentes adegas traballen en accións de promoción propias, tanto individualmente como asociadas”. Ademais, os colleiteiros, aínda que non compran uva, defienderon que a uva se debe pagar ao prezo que o seu calidade merece, xa que se non é así, as novas xeracións non quererán traballar no rural”. En este sentido, a Asociación anunciou que xa están a traballar nun calendario de actividades de promoción destes viños de autor, especialmente a nivel internacional.

Con estas ideas sobre a mesa, a presentación, que contou coa presenza do director do IGAPE, Javier Aguilera e do presidente da D.O Ribeiro, Felicísimo Pereira, ademais dun gran número de profesionais do sector e da sumillería. Ademais de contar co apoio da cociña do Grupo Nove que, da man de Héctor López, do Restaurante España e de Xoán Crujeiras e Beatriz Sotelo, da Estación, foron os encargados de ofrecer suculentas elaboracións coas que alternar a degustación das elaboracións da asociación.

Comparte...