Casiano Méndez: “O cliente demanda elixir o punto de cocción do polbo”

Casiano Méndez: “O cliente demanda elixir o punto de cocción do polbo”

Casiano Méndez, gañador do III Concurso de Polbeiras e Polbeiros de Lugo, rexenta un próspero negocio que ten como alicerce fundamental o polbo: Á Feira. Acompañado polos seus socios o cociñeiro Víctor Marta e Paco Gómez, gañador do Concurso de Pulpeiros do Fórum Gastronómico 2015, lidera unha cadea de establecementos con sede en Ourense, e presenza nas principais cidades de Asturias. Falamos con el sobre a súa traxectoria profesional e os segredos como pulpeiro que lle levaron a gañar este certame impulsado polo Concello de Lugo, no que colabora Aceites Abril.

BB Que che fixo dedicarche a esta profesión?

CM Nacín con esta paixón. Desde os 18 anos dedícome ao sector, primeiro en feiras e despois en restauración. Desde pequeno gustoume a cociña. A sorte é importante, pero creo que o fundamental neste traballo é poñer ganas e agarimo ao que fas. Todo o que aprendín débollo a Paco Gómez, mestre pulpeiro e tamén socio.

BB Que destacarías da túa cadea Pulpería Á Feira?

CM Pulpería Á Feira é unha empresa de Ourense que ten unha traxectoria de 3 anos. Temos locais en Ourense, Oviedo e Xixón, e en breve abriremos tamén en Avilés. Acudimos a feiras en Galicia, e antes trasladabámonos tamén a outros puntos de España e Portugal. Realizamos servizos de catering a todo o país. O meu socio Víctor Marta, é o que leva o tema de carnes.

BB Pulpería Á Feira é un negocio que está en pleno proceso de expansión. Cales crees que son as claves do éxito do voso modelo de restaurante?

CM Calidade da materia prima e agarimo. Tamén é clave o aderezado, algo que diferencia ao profesional que é bo, do que é menos bo. Ter un bo punto de sal é tamén moi importante. Nos nosos restaurantes os clientes valoran e demandan que se lles ofreza elixir o punto de cocción do polbo: ao punto, máis brando ou máis duro. Sorpréndelles moito que lles fagamos a pregunta, pero gústalles seleccionar a textura.

Un bo profesional nunca revela todas as súas técnicas, pero seguro que o que convenceu ao xurado do Concurso de Polbeiras e Polbeiros de Lugo foi sen dúbida o seu saber facer, que tamén é o selo persoal que está a conquistar aos seus clientes. Parabéns!

Máis información sobre Pulpería Á Feira:http: www.restauranteafeira.com

Comparte...