Come o Mar, actividades e gastronomía mariñeiras en Galicia en xuño

Come o Mar, actividades e gastronomía mariñeiras en Galicia en xuño

Petiscos ou menús forman parte do programa de turismo marinero

O mes de xuño ponse en marcha “Come o Mar 2015”, a iniciativa conxunta dos distintos Grupos de Acción Costeira de Galicia (GAC) agrupados nunha marca de turismo mariñeiro e na que se lanzan múltiples iniciativas gastronómicas e de turismo por toda a costa a galega.

A previsión é que nesta ocasión, a iniciativa coordinada por Margalaica xunte  un total de 700 actividades diferentes de gastronomía e lecer, participando arredor de 300 establecementos. Menús e tapas baseadas na gastronomía mariñeira, aloxamentos, turismo mariñeiro, aventura con submarinismo, rutas en barco, pesca, surf… son algunhas das propostas

A presentación oficial de Come o Mar 2015 tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela e contou coa degustación de distintos petiscos, acompañados dos viños e escumosos Rías Baixas de Eidosela e dos licores e demais produtos de Habelas Hailas.

Dende a súa primeira edición, a deste ano é a quinta, un total de 372 proxectos promovidos polos Grupos de Acción Costeira (GAC) recibiron axudas por importe de preto de 20 millóns de euros, segundo os datos da Consellería de Medio Rural e do Mar da Xunta.

Comparte...