Estrella Galicia lanza unha cervexa negra

Estrella Galicia lanza unha cervexa negra

Estrella Galicia estrea nova proposta cervexeira: Estrella Galicia Selección Cerveza Negra. Trátase dunha edición limitada de 180.000 litros destinados á hostalería e a enseñas de alimentación.

É a primeira vez na historia de Hijos de Rivera que se aposta por unha cervexa negra e, como en ocasións anteriores, esta versión podería incorporarse á gama permanente de produtos da compañía se as valoracións efectuadas polos consumidores son positivas.

Estrella Galicia Selección Cerveza Negra defínese como ‘dark lager’ e o seu volume alcohólico é dun 5,7% . Trátase dunha cervexa de fermentación baixa, froito da mestura de catro tipos de malta. Ademais, mezcla o exclusivo lúpulo Sladek co característicos Nugget no seu proceso de elaboración.

A presentación deste novo produto será en botella de 33 cl. con tapón abre-fácil, e agruparase en packs de catro unidades. O propio envase incorpora código BIDI que permitirá aos usuarios opinar sobre o produto na web  (seleccion.estrellagalicia.es).

Recoméndase consumir esta cervexa cando se atope entre 6 e 8 graos e maridado con carnes de caza, asados ou guisos especiados, así coma con sobremesas elaborados con chocolate.

Precisamente, as cervexas serán protagonistas no vindeiro número de BenBo, que publicará unha reportaxe en profundidade sobre a producción que se fai en Galicia.

Comparte...