JOSÉ ANTONIO FEIJÓO, SOBRE O COMERCIO DE LICORES SEN ETIQUETAR: “SON UNS DELINCUENTES E UNS DEFRADUADORES E OS QUE CONFÍEN NELES TEÑEN QUE SABER AO QUE SE ESTÁN A EXPOÑER”

JOSÉ ANTONIO FEIJÓO, SOBRE O COMERCIO DE LICORES SEN ETIQUETAR: “SON UNS DELINCUENTES E UNS DEFRADUADORES E OS QUE CONFÍEN NELES TEÑEN QUE SABER AO QUE SE ESTÁN A EXPOÑER”

José Antonio Feijóo  é o presidente do Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia dende o pasado verán, procede do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia.

O Consello conta cun novo regulamento que vai cumplir un novo ano.  Cualificou no 2011 un total de 215.275 litros dos distintos destilados que ampara, un descenso do 20% con respecto ao 2010, con 288.255 litros. Estas cifras traducíronse na emisión de 339.000 contraetiquetas.

O ente certificador ten 155 empresas inscritas, das que 131 son produtoras de bagazo. Ademais hai 31 empresas inscritas no rexistro de destiladoras, outras 38 elaboradoras/embotelladoras e 75 empresas que comercializan os seus produtos.

Ano Litros calificados Contraetiquetas
2009 255.152 litros 351.374 contraetiquetas
2010 288.255 litros 424.501 contraetiquetas
2011 215.275 litros 339.140 contraetiquetas

Estamos, pois, nun bo momento para preguntar pola realidade do sector con José Antonio Feijóo.

Que riscos para o consumidor pode supoñer o consumo de augardentes e licores sen etiquetar e, polo tanto, sen control?

O consumidor e os hostaleiros teñen que ter presente que os que se dedican ao comercio deses produtos son uns delincuentes e uns defraudadores e, polo tanto, os que confíen neles teñen que saber ao que se están a expoñer. En setembro do pasado ano houbo un envelenamento masivo por vodka e ron elaborados con metanol en distintos países, iso mesmo pode pasar aquí en calquera momento.

Que vantaxes supón para o consumidor a augardente amparada polo consello regulador fronte a outras augardentes, galegas ou non, etiquetadas pero sen ese amparo?

A vantaxe mais evidente é a calidade da bebida, as nosas augardentes e licores están sometidos a un estrito control analítico e organoléptico que garante uns parámetros de calidade moi esixentes ademais de garantir a orixe das bebidas. Os nosos son augardentes e licores galegos, os outros xogan a confusión poñendo nas etiquetas “elaborado en Galicia”, pero non son galegos.

É certo que as augardentes galegas son ás únicas españolas que poden estar amparadas por un consello regulador? De ser así, cal é o motivo?

Actualmente Galicia é a única rexión española que ten recoñecido o seu dereito á protección da augardente de bagazo grazas ao recoñecemento da súa tradición de elaboración en todo o territorio galego. A destilación dos bagazos unida á elaboración do viño ten en Galicia pegadas que datan dos séculos XVI e XVII. Non obstante non será ata 1989 cando se establezan as normas xerais relativas a definición, designación e presentación destas bebidas espirituosas. Neste primeiro reglamento recoñécese a nivel europeo as augardentes e licores galegos ao mesmo nivel que os marcs franceses, as grappas italianas, as bagaçeiras portuguesas e os tsipouros gregos.

¿Hai algunha garantía de que toda a augardente que se etiqueta como tal, sen estar amparado polo consello regulador, procede de bagazo de uva?

Non hai ningunha garantia, a mayoria das augardentes que se comercializan están elaborados con algo de augardente e alcohol etílico. O consumidor debería probar as augardentes amparadas e comparar cos doutras procedencias, a diferenza é evidente.

Por que se autorizou o emprego de alcohol etílico de orixe agrícola no licor de herbas e no licor café? En que porcentaxe pode estar ese alcohol e cal é o mínimo de augardente de bagazo galego? Supón isto permitir o emprego de alcohol de remolacha, por exemplo, neses licores?

Permitiuse para poder acceder a un maior número de consumidores aos que acostumamos a uns produtos elaborados case sen augardente e había que percorrer o camiño inverso. A maior parte das destilerías acollidas a este consello regulador elaboran os licores con augardente ou con porcentaxes moi elevadas de augardente e cremos que ese é o camiño que debemos seguir.

Cal é o motivo de que outros licores tradicionais, coma o de guindas ou o cilantro, non estean incluídos no regulamento?

Imos incluílos, espero que nun futuro próximo, pero temos que reformar o Regulamento.

A teima do Consello dende que naceu é a loita contra os produtos sen etiquetar que se venden entre particulares pero tamén na hostalería. É unha batalla longa pero… producíronse avances?

Eu creo que non, cada vez está mais estendida o costume de ofrecer un “chupito” dunha augardente ou licor infame, que non se cobra porque o custo para o hostaleiro é mínimo. E iso xa nos debe dar unha idea da calidade real desa bebida.

A que cre que é debido a diferenza de consideración entre unha etiqueta para D.O. de viños e outra para destilados?

Sempre se dixo que cos licores e augardentes ía pasar o mesmo que cos viños, a ninguén se lle ocorre pór enriba dunha mesa, salvo raras excepcións, un viño sen etiquetar ou sen D.O. e ademais dicir que como é “caseiro” é de mellor calidade. ¿Por qué pasa isto coas augardentes e licores? Non o sabemos con exactitude, pero a difusión en hostaleria das augardentes e licores ilegais ou legais pero en garrafas de volume elevado, o trasvase a botellas sen etiqueta e o pouco sentido común que demostramos ao beber algo que nos ofrecen como caseiro e é un engano claro, xunto coa pouca eficacia da Administración á hora de eliminar esas practicas é o que nos conduciu á situación actual.

Cales son os próximos obxectivos do Consello?

1.- Mobilizar a Administración para que loite de forma eficaz contra os licores e augardentes ilegais.

2.- Implantar no consumidor o coñecemento do que é unha augardente ou licor amparado e os riscos que asume consumindo produtos sen control.

3.- Aumentar o volume amparado e os tipos de licores.

4.- Racionalizar o control das nosas augardentes e licores, que actualmente é excesivamente custoso, sen menoscabo do control da calidade

Comparte...