A XXVI Feira de Fungos e Cogomelos de As Pontes está, máis que nunca, para comela

A XXVI Feira de Fungos e Cogomelos de As Pontes está, máis que nunca, para comela

Por Patricia Fernández García

Esta XXVI edición da Feira de Fungos e Cogomelos que celebrou dende o venres 30 de outubro ata o domingo 1 de novembro en As Pontes resultou ser un éxito de convocatoria, grazas en parte, á multitude de actividades programadas este ano.

Os fungos e cogomelos, como produto estrela da tempada de outono atoparon o seu paraíso gastronómico nesta vila a través de diferentes showcookings como o celebrado o venres a cargo de Teresa Cabarcos Ramil (Casa Teresa, As Pontes) que elaborou pratos como Ameixas con boletus; Cocochas e cogomelos en tempura; Fricandó; Roliños de polo recheos; e Tosta de matanza e fungos. Esa mesma tarde puidemos disfrutar da cociña do coñecido cociñeiro do Grupo Nove Héctor López (España, Lugo) que deleitou aos alí presentes cunha didáctica exhibición de cociña e con pratos tan deliciosos como Boletus asados con touciño de Porco Celta; Ensalada de perdiz escabechada con níscalos; Empanada galega de setas de tempada; Croquetas líquidas de chantarellas; e Chantarellas con sopa de iogurt. Os que participaron nestas actividades gratuitas puideron coñecer de primeira man as mellores setas desa comarca, así como os métodos de conservación e de preparación, a cargo dos mellores expertos, os cociñeiros; así como degustaron multitude de tapas que demostraron, como non podía ser doutro xeito, a exquisitez do producto protagonista, os cogomelos.

Xa na xornada do sábado case un cento de cativos puideron participar nun taller de cociña dirixido pola concursante de MasterChef Junior, Ana Oca, e guiados por ella cociñaron Tosta de paté con setas e noces cun crocante de cebola, sésamo e pasas; Trampantojo de amanita muscaria; e Tartaletas recheas con pistachos tostados. Sen dúbida unha experiencia maravillosa que debuxou sorrisos en todolos pequenos.

O sábado pola tarde celebrouse no Mercado de Abastos o showcooking de Antonio Díaz Calvo (Andarubel, Fragas do Eume), sen dúbida un especialista en cogomelos e fungos que fixo disfrutar aos asistentes con creacións tan pantagruelicas como Salteado de trompeta e zamburiña con expresso de mar de fraga; Torteloni de cibarius con pesto de castaña; Rissoto ás tres cantharelas; Macerella (un xogo de palabras que denomina a un prato composto de macedonia de froitos vermellos e chantarellas); Texturas de cantarella con requeixo do Eume; e Arroz con leite negro.

As actividades continuaron durante toda a fin de semana cun menú degustación que se celebrou o domingo. Ademáis desto, un mercado, una saída micolóxica, un monólogo, entre outras actividades, fixeron de As Pontes a meca gastronómica  e a protagonista indiscutible do bon comer durante esta feira.



Comparte...