Gala e Premios da Denominación de Orixe Ribeiro 2015: máis ca viños e gastronomía galega

Gala e Premios da Denominación de Orixe Ribeiro 2015: máis ca viños e gastronomía galega

Por Luís Cividanes González

Os mellores viños do Ribeiro 2014, segundo a cata oficial, son os brancos Ramón do Casar Treixadura y Canción de Elisa e o tinto Pazos de Albor

A Gala da Denominación de Orixe Ribeiro, celebrada no Hotel Eurostars Mosterio de San Clodio de Leiro, reuníu ao ceo estrelado da gastronomía galega. A imaxe de -case que todos- os cociñeiros de máis sona do País sobor do escenario foi o punto culminante dunha cerimonia que tamén celebrou especialmente a calidade de 3 viños do Ribeiro, gañadores da súa cata oficial: Ramón do Casar Treixadura, Canción de Elisa y Pazos de Albor.

Acudiron ao evento viticultores, adegueiros, distribuidores, responsables de cadeas comerciais e hostaleiras, sumilleres, xornalistas e autoridades.

Botando contas, Galicia conta hoxe con 12 Restaurantes Estrellas Michelín: Nova, liderado por Julio Sotomayor e Daniel Guzmán (Ourense); A Estación, con Bea Sotelo e Xoán Crujeiras (Cambre); O Retiro da Costiña, de Manuel García (Santa Comba); As Garzas, comandado por Fernando “Caco” Agrasar (Barizo-Malpica); Árbore da Veira, de Luis Veira (A Coruña); Alborada, dirixido por Iván Domínguez  (A Coruña); Casa Solla, de Pepe Solla (Poio); Yayo Daporta (Cambados); Pepe Vieira Camiño da Serpe, con Xosé Cannas (Poio); Maruja Limón, con Rafa Centeno (Vigo); Culler de Pau, de Javier Olleros (O Grove) e Silabario, con Alberto González (Tui). En Leiro so faltaron os dous restaurantes de Poio e máis o de Ourense.

No outro galardón xa coñecido previamente, o honorífico Premio “Fusión Muller e Viño” foi para Gemma Vela Humanes, primeira sumiller do Hotel Ritz (Madrid) desde 1995. É unha das primeiras mulleres en exercer este oficio en España e a primeira en asumires ese rol nun hotel de cinco estrelas.

Pero houbo moitos outros premios. Como “Mellor tarefa de comunicación” premiouse a Susie Barrie e Peter Richards, Masters of Wine e presentadores na británica BBC; un chanzo máis na internacionalización destes históricos viños galegos. En “Mellor servizo de viño en restaurante” destacouse ao Restaurante Esteban, de Mos; o Premio “Mellor tenda especializada – viñoteca” foi para o espazo enocultural Vide – Vide, de Santiago de Compostela; e o galardón á “Mellor taberna-bar de viños” premiou á ourensá Viñoteca Sybaris 2.0.

O Premio Ribeiro ao mellor traballo de investigación elaborado polos alumnos do Instituto Galego do Viño (INGAVI) foi para “Historia do Ribeiro”, elaborado por Marcos Docasal, Elísabet Castro, Manuel Fernández, Francisco Chao e Alejandro Balseiro. Ademais, o IES Vilamarín recibíu o seu premio como gañador do concurso de receitas da Feira do Viño do Ribeiro. Un novo recoñecemento ao traballo que se fai neste centro de ensino profesional da provincia de Ourense.

 Pablo Vidal, director técnico do CRDO; e os sumilleres Cristina Alcalá e Xoán Cannas presentaron a nova colleita de viños do Ribeiro, que promete…

Comparte...