“Galicia entre copas” ou como gozar sen complexos do viño galego

“Galicia entre copas” ou como gozar sen complexos do viño galego

Mariano Fisac é un galego residente en Madrid que leva xa algúns anos sorprendéndonos dende o seu blog Mileuristas Gourmet cunha visión moi diferente sobre a gastronomía e o viño baseada na sinxeleza e un ton moi ameno. Fisac tamén tivo gran repercusión en prensa e televisión, especialmente dende que organiza anualmente, sen ánimo de lucro, o concurso “Os 10 mellores viños por menos de 10 euros”. Acaba de presentar o seu libro “Galicia entre copas”, editado por Hércules Ediciones, no que fai un profundo repaso polas zonas, adegas, viños e persoas que conforman o mapa da produción vitivinícola galega.

O libro comeza cun prólogo do xefe de cociña Pepe Solla e unha introdución que xa deixa ben claro que nos imos encontrar nas seguintes páxinas: < Fai falta "saber de viño" para gozar del? A resposta é NON, pero se malia iso se quere afondar neste mundo e, realmente, "saber de viño", só fan falta ollos, nariz, boca e algo de tiempo.> Ademáis de usar un estilo próximo e moi persoal, no traballo encontraremos consellos, apuntamentos, impresións e unha morea de pequenos matices que fan que mereza e moito a pena ler a obra con atención, poñendo todos os sentidos na tarefa.

Galicia entre copas

Falamos con Mariano Fisac para que nos conte algúns detalles máis sobre “Galicia entre copas” e para, sobre todo, achegarnos ao bonito viaxe que ten como trasfondo.

BB Na introdución do libro aseguras que < Non é necesario saber de viño" para disfrutarlo> Que é o máis necesario para gozalo para ti?

MF Sen dúbida mente aberta e, aínda que soe redundante, ganas de gozar. Dalgunha forma, a mesma actitude que un mostra ante unhas croquetas fumegantes sen saber de que son. Ás veces haberá decepcións, e un encontrarase cunha croqueta industrial, preconxelada, pero noutras haberá un traballo artesán único, que revela produto e cariño na elaboración. Creo que o viño é igual, centrámonos moito en describir as sensacións de xeito complexo, cando en realidade o viño xera emocións que son perceptibles por calquera, saiba ou non saiba de viños.
Volvendo ao exemplo da croqueta, cada un é moi libre de afondar na elaboración das croquetas, depurar a técnica do bechamel, ou do empanado, pero para gozar delas, abondan os sentidos. Se consigo transmitir o pracer que pode proporcionar compartir unha boa botella entre amigos, o obxectivo estará cumprido.

BB Que opinas da proliferación de catas, cursos e demais eventos arredor do viño? Excesivo ou necesario?
MF Creo que responden a un interese crecente e é bo que exista demanda sobre estas cuestións, pero como en todo, o fundamental é a quen e como comunique sobre iso. O viño debe ser pracer, diversión, desfrute, alegría, non debe introducir máis complicacións na nosa vida, senón ao contrario. Se a linguaxe é o da sinxeleza, a proximidade e fomentar no interesado a inquietude por coñecer a peculiaridade de cada zona vinícola, o camiño é o correcto.

BB De onde vén a túa afección pola gastronomía e o viño? Por que decides lanzarte a escribir?
MF Dende que teño uso de razón, ou mesmo antes, gocei do pracer da comida, sempre me gustou ler sobre iso e cando chegou o boom dos blogs dixen por que non?. Unha cousa foi levando a outra e un bo día a xente de Hércules Ediciones, que buscaba un libro diferente sobre viños, encontrouse co meu caderno.

BB Canto tempo de ollos, nariz e boca necesitaches para coñecer con tanto detalle o sector do viño en Galicia?

MF O sector do viño, como mercado ou como industria, me interesa pouco. Procuro centrar eses sentidos en coñecer cada zona, cada pobo e, se é posible, cada parcela, a través dos seus viños, e entender así porque cada un se expresa de forma distinta. Ao igual que coa gastronomía, cando un se pregunta por que un produto ou un prato sabe como sabe distinto, co viño é o mesmo. Aínda que levaba xa moitos anos perseguindo os terroirs máis interesantes de Galicia, durante o 2014, preparando o libro, dediqueime plenamente a iso e aí están as conclusións, que non deixan de ser unha pequena mostra das grandes posibilidades que hai na nosa terra. Respondendo á pregunta, os matices e a tipicidade de cada zona en Galicia son tan rechamantes en Galicia que calquera pode percibilos dende o primeiro día, sempre e cando os viños que a expresan sexan naturais, como todos aqueles dos que falamos.

BB No teu libro proponos un ameno e sinxelo percorrido polo mundo do viño en Galicia. Con que quedas? Que experiencia marcou o traballo de recompilación da información?

MF Teño a fortuna de poder dicir que de entre as adegas comentadas no libro non hai un só viñedo que non coñecese in situ, tocado os seus chans probado as súas uvas e, por suposto os seus viños. Como reza o título, foi unha viaxe fascinante en conxunto e resulta difícil quedar con algo. Dende logo, e a pesar de probar viños incribles e tido sido gozado de paisaxes marabillosas, o meu gran descubrimento foron as persoas, persoas xenerosas, inquedas, emprendedoras e movidas pola paixón, sen as que a recuperación da grandeza dos viños de Galicia (non esquezamos que foron grandes hai uns cantos séculos) é impensable.

É inxusto quedarme cuns traballos sobre outros, pero emocionoume especialmente coñecer de preto os proxectos de José Luis Mateo, Bernardo Estévez e Piar Higuero. Cada un deles dende a súa filosofía persegue un fin idéntico, coidar do seu ámbito, integrando o seu traballo no equilibrio natural e deixar unha riqueza maior da que encontraron na terra que alberga as súas cepas. Creo xunto con eles que este é o camiño para elaborar un gran viño de talle mundial, o viño que Galicia merece.

Máis información sobre “Galicia entre copas” na web: www.herculesediciones.com

Comparte...