Guillermo Moscoso, panadero responsable de "Pan da Moa"

Guillermo Moscoso Moure, panadeiro

Estamos nun momento moi delicado no que necesitamos convencer ao cliente de que merece a pena pagar uns céntimos máis e comer un bo pan, elaborado con materias primas de primeira calidade”, di Guillermo Moscoso Moure, responsable da panadería compostelana que leva os seus apelidos e cuxas elaboracións se comercializan como “Pan da Moa”.

Guillermo tamén é o responsable e alma mater das xornadas sobre pan que terán lugar os días 26 e 27 de xaneiro en Santiago. O domingo 26 a Cidade da Cultura acollerá unha xornada dirixida ao público en xeral, con talleres, conferencias (destaca a do xornalista e panadeiro Iban Yarza, un dos gurús actuais do mundo do pan en España) e exposición e degustación de diversos tipos de pan galego.

A xornada do 27 de xaneiro estará dirixida unicamente aos profesionais.

Para Moscoso o momento actual é crítico para o sector panadeiro galego, que debe continuar apostando polo emprego de materias primas de primeira calidade e procesos tradicionais, como as fermentacións longas que son as que garanten as características do auténtico pan galego: máis sabor, máis aroma e máis tempo de conservación. Pero ao mesmo tempo considera que é posible adaptarse á realidade actual co emprego de maquinaria que faga máis fácil o duro oficio do panadeiro e ao mesmo tempo más atractivo o oficio ás novas xeracións, especialmente a aqueles que naceron no seo de familias dedicadas ao pan e que poden converterse no necesario relevo xeracional que evite a desaparición de moitas panaderías galegas.

“Hoxe hai moitas panaderías artesanais en zonas rurais que xa non teñen a quen venderlle pan. E ademais xa son xente maior. É unha riqueza que corre o risco de desaparecer en pouco tempo”, di Guillermo, asegurando que mentres hai quen come cousas ás que el non pode chamar pan.

Comparte...