Xavier Olleros: “A finales de febreiro estou cociñando. Aquí ou noutro sitio”

Xavier Olleros: “A finales de febreiro estou cociñando. Aquí ou noutro sitio”

Javier Olleros en Con Negro, preto do seu restaurante. Culler de Pau protagonizou un dos reportaxes do número uno de BenBo

(Foto: Soledad Felloza)

A finais de febreiro eu estou a cociñar. Aquí ou noutro sitio, pero non me van a parar”. Con contundencia Javier Olleros indicou a BenBo que a súa vida é a cociña e que nada nin ninguén o vai deter. “Parte da miña vida está no Grove, pero se teño que abrir noutra parte vouno a facer”, asegurou.

As vacacións anuais de Xavier adiantáronse un par de semanas por forza maior: o concello do Grove decidiu precintar o restaurante por carecer de licenza de actividade. Olleros asegura dispor da devandita licenza, por escrito, pero que o concello lle di que non é válida por faltar a visita ás instalacións dos técnicos municipais. As vacacións teñen o seu punto de amargura no feito de que todo o persoal do restaurante vai ao paro, polo menos mentres non se solucione o problema.

Por medio está a denuncia dun empresario inmobiliario da zona e dúas sentenzas. A denuncia referíase a un expediente administrativo por exceso de volume aberto en 1988 e ao funcionamento de Culler de Pau cunha licenza provisional. Segundo Olleros, na primeira sentenza o xulgado fallou contra o demandante, considerando que o expediente de 1988 tiña prescrito e mandou ao concello conceder a licenza ao restaurante. A segunda, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anula a primeira e obriga a repor a legalidade, no referido ao exceso de volume existente na edificación.

Segundo Olleros, ese exceso de volume existe desde 1988, mentres que el adquiriu a propiedade fai catro anos. Con esa irregularidade urbanística ao lombo, nin o supermercado nin a parrillada que antes ocuparon o local tiveron ningún tipo de problema. Ata que chegou a denuncia contra Culler de Pau.

Desde o primeiro momento Olleros aceptou a sentenza e asegura levar tres meses en continuas negociacións co concello para definir o proxecto de obras que permita cumprir o mandado polo tribunal: repor a legalidade demolendo o exceso de edificación existente.

Os resultados están á vista: o restaurante precintado e as obras necesarias sen definir. Olleros segue confiando na boa vontade do concello e espera que moi pronto o proxecto estea terminado e aprobado, co obxectivo de poder renovar o traballo de sempre no seu local de Reboredo. E se non se irá coa súa cociña a outra parte.

O cociñeiro asegura que vai empregar o tempo o ordenar todas as receitas creadas nos últimos anos e en percorrer Galicia buscando novos provedores que se axusten á súa forma de ver a cociña.

O Grupo Nove, a o que pertence Xavier Olleros, manifestou a súa solidaridade co cociñeiro a través da portada da súa páxina web na que aseguran que “Olleros somos todos”.

Segundo Pontevedraviva.com, os problemas de Culler de Pau débense ao enfrontamento entre o denunciante e o antigo alcalde do Grove e o seu concelleiro de Turismo, Jorge Olleros, irmán do cociñeiro.

Comparte...