A cociña galega protagoniza un novo desembarco en Madrid

A cociña galega protagoniza un novo desembarco en Madrid

Flavio Morganti, Abastos 2.0 ou Casa Solla únense ao auxe da cociña atlántica na capital, onde o galego está de moda

A restauración galega ha estado presente en Madrid desde hai décadas pero sen dúbida 2015 péchase cun importante desembarco dunha cociña galega que chega á capital para demostrar a súa calidade, produto e destreza nos fogóns. Este ano a cociña atlántica está en auxe máis que nunca na capital, tal y como vimos informando desde Benbo.  Botando a vista atrás e fancendo un pequeno repaso, a cocña atlántica está en boga máis que nunca na capital, especialmente nestes últimos meses. Pepe Solla, Abastos 2.0 ou Flavio Morganti son os últimos chefs que decidiron dar o salto a Madrid de forma estable, pero non debemos esquecer a cociña atlántica de Iván Domínguez, ao cargo do restaurante Alabaster desde 2014 ou o recente “estrelado” Lúa do carballiñés Manuel Domínguez, asentado en Madrid desde 2005 cunha cociña plenamente de autor e de produto que afunde as súas raíces na gastronomía galega aínda que consolidado en Madrid desde 2005, a que lle dedicamos a nosa sección Diáspora do número 2 da revista Benbo cunha reportaxe  feita por Marta Fernández Guadaño.

Pero foi o galego-italiano Flavio Morganti foi o primeiro deste novo rexurdir galego en Madrid. En maio abría en Chueca PuraVaca, o seu novo proxecto en colaboración co carniceiro vasco Luís Miguel Garayar e o publicista José Domingo, un restaurante cunha carta baseada exclusivamente no vacún, desde os entrantes até a sobremesa. A finais dese mesmo mes os cociñeiros de Abastos 2,0, Iago Pazos e Marcos Cerqueiro facían a súa primeira incursión seria en Madrid coa súa [barra] Atlántica en The Table By (Fóra de carta) do hotel Urso coa que achegaron a súa cociña informal e divertida baseada tamén no mar, nos produtos de calidade e nun trato próximo co cliente. Tal foi o éxito colleitado pola iniciativa que Urso repetiu con Abastos 2.0 para pechar tempada e para 2016 comezará  tamén coa cociña galega, esta vez da man de Javier Olleros, que o o 13 e 14 de xaneiro achegará a carta de Culler de Pau a Madrid.

O ensaio de Abastos 2.0 tomou forma definitiva en novembro  coa apertura, tamén en Chueca, de Barra Atlántica Madrid, que eles mesmos definen como unha neomarisquería na que ofertan tres espazos diferentes para gozar da súa cociña e o seu produto. Pouco tempo antes, a mediados de outubro, Pepe Solla establecía o seu Atlántico Casa de Comidas na rúa Velázquez, para levar os sabores da cociña galega até esta cidade da man de Lucía Lema como xefa de cociña á fronte dun equipo formado en casa Solla. Un novo proxecto que leva os principios e a cociña de Poio a Madrid, e onde non faltan o bonito, as navallas, o polbo, a pescada, as súas clásicas empanadas ou as carnes galegas, primando ingrediente sobre elaboración e seguindo o estilo de Casa Solla pero de forma máis sinxela.

Diferente ADN e cociña de autor para cada un dos proxectos, pero todos eles tocados polo concepto tradicional de taberna ou casa de comida e a comuñón coa cociña atlántica, o concepto que triunfa na gastronomía madrileña.

Comparte...