“Do mar á terra” en Vimianzo recupera gastronomía castrexa e medieval e ofrece menús especiais

“Do mar á terra” en Vimianzo recupera gastronomía castrexa e medieval e ofrece menús especiais

O concello de Vimianzo segue adiante coa súa iniciativa Do mar á terra un completo e diverso produto turístico centrado  no ecoturismo, á gastronomía e máis á historia da Terra de oneira.

Dentro deste programa recupéranse menús gastronómicos medievais e castrexos e así xa se poden degustar en 12 establecementos da vila distintas propostas como pescada en berza con cabaza, mexillóns do campo, crema de trigo con produtos do mar e da terra, potaxe castrexa, empanada de mexillóns… a un prezo de 10 euros, os castrexos; e de 20 euros, os medievais.

Os establecementos participantes son: Casa Sabina, O Retiro de Barboles, restaurantes Pastoriza, O Castillo, Vía Rápida, Celme Café, Casa Landeira, Café Bar Requeiro, Quilmes e as panadarías Sampedro, Antoxos e Pan Ignacio.

Cómpre salientar que as recetas dos pratos castrexos (Idade do Ferro) e menús medievais están incluídas nun receitario realizado polos propios hostaleiros vimianceses co asesoramento do cociñeiro Miguel Silvarredonda e dos malacólogos, Víctor Bejega García e Eduardo González.

Tamén é posible adquirir en Vimianzo a exclusiva vaixela de barro de Buño na que se presentan as preparacións gastronómicas.

Comparte...