Bicos doces de cabelo de anxo e de figos

Bicos doces de cabelo de anxo e de figos

María Mercedes Fernández González

Receita finalista do concurso de receitas de entroido “En Galego sabe mellor” do Concello de Oroso.

Introdución

A autora apunta: “Estes bicos fanse coa masa das típicas orellas de entroido e podemos poñerlles dentro o que nos guste (crema pasteleira, nata, chocolate, marmeladas…),  eu optei por un recheo de cabelo de anxo uns e outros de mermelada de figos de tempada; e podemos facelos ao forno ou fritidos”. 

Ingredientes para a masa

  • 350 g. de fariña + 50 g. para o amasado, máis ou menos
  • 1 ovo
  • 100 ml. de aceite de fritir
  • Unha pel de laranxa (ou manteiga)
  • 100 ml. de anís
  • 50 ml. de leite
  • Rela dun limón
  • Ovo batido para pintalos se os facemos ao forno
  • Canela e azucre
  • Cabelo de anxo e mermelada de figos para o recheo

Elaboración

Mesturamos todos os ingredientes: a fariña, o ovo , a rela de limón, o anís, o aceite (ou manteiga de vaca) e o leite.

Traballamos moi ben esta masa ata que non se nos pegue ás mans, amasamos e logo tapámola e deixámola repousar unha hora. 

Estiramos a masa e cortámola en círculos pequenos coma se fose para “empanadiñas.

Pomos o recheo que elixamos no centro e pechamos ben os bordes dándolle a forma de medias lúas; pintamos con ovo batido se os cocemos ao forno (sobre 180° sobre 20 minutos) ou os fritimos.

Botámoslle por riba azucre e canela.

Comparte...