Bloody Mary made in Galicia, receita de O Curro da Parra

Bloody Mary made in Galicia, receita de O Curro da Parra

Receita de O Curro da Parra, gañadora do Primeiro Premio na cuarta edición do concurso Santiago de Tapas.

Ingredientes

100 ml de zume de tomate 10 ml de zume de laranxa 5 gotas de tabasco 15 ml de vodka 1 tomate cs fiúncho 1 ceboliña sal pementa | aneto vinagre balsámico aceite de oliva virxe soia 2 berberechos cs azucre 3 pementos do país

Elaboración

Preparar un zume de tomate e engadirlle o zume de laranxa, as gotas de tabasco e máis o vodka (previamente reducido o alcohol co que conta). Ademais, rectificamos de sal, pementa e acidez.

Por outra banda, picar o tomate en dadiños, para que quede un tomate concassé, aderezar con ceboliña en aros finos e o fiúncho picadiño.

Aliñar a ensalada cunha marinada formada polo aceite de oliva, o vinagre balsámico e a salsa de soia.

Por último, darlle un toque co aneto e incorporar os berberechos abertos ao vapor. Finalizar cos pementos do país fritidos.

Comparte...