Chicharro marinado, ensalada de algas con sésamo e vinagreta de soia

Chicharro marinado, ensalada de algas con sésamo e vinagreta de soia

Marcos Domínguez Novo (@MarcosDhomin)

Para dúas persoas

Chicharro marinado:

1 chicharro de 350 gr en lombos, limpo de pel e espiñas

15 gr de aceite de sésamo

15 gr de aceite de oliva virxe

20 gr de salsa de soia

½ lima

Menta fresca picada

Preparar a marinada cos dous aceites, a salsa de soia, a menta picada e o zume de lima.

Filetear os lombos de chicharro moi fino. Introducímolos nunha bolsa ao baleiro ca marinada (ou nunha bolsa con peche hermético), envasamos e deixamos marinar unhas 24 horas.

Ensalada de algas

5 gr de leituga de mar

5 gr de wakame

5 gr de nori

1 peza de tomate cherry

Rehidratamos as algas cinco minutos en auga.

Cocer en auga en ebulición con sal cinco minutos, escorrer, refrescar e reservar.

Vinagreta de Soia

100 gr de aceite de sésamo

100 gr de auga mineral

50 gr de salsa de soia

60 gr de vinagre de arroz

4 gr de goma xantana

Realizar a vinagreta de forma tradicional, engadir a auga mineral e a goma xantana.

Mesturar ben todos os ingredientes cunha túrmix.

Introducir a mestura nun sifón de ½ litro e cargar cunha carga.

Montaxe do prato

Dispoñer o chicharro fileteado nun prato, acompañar da ensalada de algas co tomate cherry e nun lateral a vinagreta de soia.

Comparte...