Costrada

Costrada

Inés Abril reinterpreta a tradicional “costrada” para a exposición Ao pé do lar, patrocinada por Galicia Calidade e incluída na programación do Forum Gastronómico 2010.

Foto: Soledad Felloza.

Ingredientes:

1 cacheira

1 repolo

Pan do día anterior

1 chourizo

Aceite de oliva c.s.

Allo, pemento, sal, aceite c.s.

Lagostino (unha por persoa)

Elaboración:

Cocer a cacheira ao baleiro xa desalgada durante 17h a 70º para despois prensala. Unha vez feito cortar en tiras.

Cortar o pan en lascas, remollar e reservar. Nunha tixola con aceite de oliva fritir os allos enteiros e o chourizo picado, cando estea dourado retirar, engadir o pemento e seguidamente o pan. Refogar ata que o pan quede renxente e reservar.

Pelar os lagostinos, e coas súas cabezas facer un mollo para despois aderezar o repolo xa lixeiramente cocido.

Dispor  faragullas, despois o repolo,  a cacheira e repetir a operación para despois terminar cun lagostino.

Comparte...