Croquetas de Lacón e Grelos

Croquetas de Lacón e Grelos

Loly Bello

Receita gañadora do concurso de receitas de entroido “En Galego sabe mellor” do Concello de Oroso

Ingredientes

  • Lacón cocido
  • Grelos cocidos
  • Cebola
  • Auga do cocido
  • Fariña
  • Pan relado
  • Aceite de oliva virxe extra

(As cantidades variarán en función do gusto de cada cociñeiro, pois haberá quen prefira incorporar máis lacón e haberá quen prefira botar máis grelos)

Elaboración

O ideal é aproveitar o entroido para facer unha boa laconada ou un típico cocido galego e despois aproveitarmos un anaco de lacón e os grelos, xa que así conseguiremos que os sabores estean máis concentrados.

Picamos o lacón en anacos pequenos.

Picamos os grelos miúdos

Picamos unha cebola moi miudiña.

Poñemos a quentar un pouco de aceite de oliva virxe extra nunca tixola, engadimos a cebola, deixámola dourar un pouco e botamos o lacón. Remexemos ben e incorporamos os grelos. Remexemos de novo.

Engadimos a fariña, remexemos e deixamos que se vaia cocendo un pouco. De seguido, imos engadindo a auga do cocido quente, para que non se formen bolos de fariña e imos remexendo ata que espese.

Cando estea todo ben mesturado e a masa formada, pomos a mestura nunha bandexa, tapámola e metémola na nevera ata que arrefríe.

A continuación irémoslle dando forma pasándoas por fariña, ovo e pan relado e, reseguido, frixímolas en aceite ben quente.

Comparte...