GAMBAS CON LIMA E ENSALADA DE MANGO

GAMBAS CON LIMA E ENSALADA DE MANGO

Beatriz Sotelo / Juan Crujeiras (A Estación)

Ingredientes:

Gambas, lagostinos ou cigalas

Reladura e zume de 1 lima

Sésamo tostado

Aceite de sésamo

Comiño en po

Sae

Ensalada de mango

1 mango verde pelado

3 chalotas

Zume de 1 lima

4 culleradas de azucre moreno

Menta fresca

Coandro

Pelamos as gambas deixándolles a cola. Limpámolas e as ensartamos nun espeto.

Mesturar a reladura de lima, o sésamo, o aceite de sésamo e o comiño en po e untar as gambas coa mestura. Reservar na neveira.

Cortar o mango en cintas anchas e finas. Cortar as chalotas en rodas finas. Mesturar o azucre co zume de lima

Picar o coandro e a menta e mesturar co mango, a chalota e o zume de lima con azucre.

Empratar a ensalada no centro do prato e reservar até o momento de servir.

Asar as gambas a lume vivo un minuto por cada lado. Dispolas sobre a ensalada e servir.

Comparte...