Pénjamo

Pénjamo

Esta receita de pénjamo está tomada do libro A cociña dos Cunqueiro

Catro ovos
Medio quilo de azucre
Medio quilo de fariña
¼ de cunca das de café de aceite
2 e ½ cuncas das de café de leite
1 culleradiña de royal
2 copiñas de anís ou reladura de limón

Bater os ovos sós durante quince minutos, agregar entón o azucre e continuar batendo outros quince minutos máis; incorporar ben o aceite, despois o leite e o anís e o royal coa fariña.

Mesturar ben e botar nun molde previamente untado con aceite.

Cocer a forno bastante forte.

Comparte...