Foto: Manuel Marras

Receita de Capón de Pidre estilo Peregrino

Receita cedida polo restaurante A Parada das Bestas, Pas de Reis (Lugo). Xefe de cociña, María Varela.

Fotografía Manuel Marras.

  • INGREDIENTES

1 Capón de 3 quilos aprox.

2 Cebolas

2 Dentes de allo

Sain

Perexil

Aceite de oliva

Sal

Viño

Brandy

Salsa de amora:

Amoras

Vinagre

Azucre moreno

Zume de laranxa

Cravo

Pementa

Castañas

Sal

  • PREPARACIÓN

Cortamos o capón en oitavos separando coxas, contracoxas, ás e cortando en dous a peituga. Adobamos co sain, allo e perexil. Reservar en sitio fresco 12 horas. Quentamos o aceite e selamos o polo. Colocámolo nunha cazola onde estarán as cebolas partidas grosas e engadimos o aceite da fritura. Incorporamos o viño e deixamos cocer a pouco lume entre dous e tres horas. Mollamos con caldo se se secase.

Asamos castañas no forno cunha grosa capa de sal gordo, pelamos. Cocemos en auga con sal e un pouquiño de caldo do estufado. Escorremos e volvemos poñer no forno para secalas.

Para a salsa de amora deixamos reducir todos os ingredientes (quedará como marmelada). Batemos, coamos e alixeiramos con auga se quedase moi espeso.

Acompañamos o capón cunhas cantas castañas, un chorriño da súa propia salsa de estufado e un fío de amora.

A Parada das Bestas

María Varela

Pidre, 27

Palas de Rei (Lugo)

982 183 614

Comparte...