Codillo de Tenreira de Casa Pena en Moeche

Codillo de Tenreira de Casa Pena en Moeche

Receita de Codillo de Tenreira de Casa Pena en Moeche

San Ramón s/n.

15563 Moeche (A Coruña)

Teléfonos: 981 404 024-653 9333 89

Ingredientes 

  • 1 osobuco
  • Allos
  • Cebolas chatas
  • Viño branco
  • Caldo de carne
  • Patacas, cenoria
  • Aceite, perexil, sal 
Elaboración

Compramos un osobuco enteiro de tenreira, o xarrete sen quitar o óso.

O día anterior deixámolo fóra da neveira e incorporámoslle algúns allos, perexil e un pouco de aceite.O día da elaboración, dourámolo en abundante aceite a lume vivo nun recipiente acorde á peza e con tapa, unha vez dourado retirámolo e reservamos.Baixamos o lume ao mínimo, engadimos ao aceite un quilo de cebolas chatas do país picadas en xuliana e unhas rodas de cenoria cortada ben grosa, deixámolas pochar e cando comezan a acaramelarse, subimos o lume e incorporámoslle medio litro de viño branco. Deixamos evaporar o alcohol a lume intenso.Reinserimos o codillo na pota, en posición vertical e tapamos, deixando a lume moi lento por un espazo de tempo que pode ser, a xeito de referencia de hora por quilo- cada cociña e cada animal é diferente-.

Teremos preparado previamente un caldo de carne que, se fose necesario, engadiriamos pouco a pouco ao asado.

Mentres tanto, fritimos lixeiramente unhas patacas de asar que reservaremos ata o momento que a carne estea no seu punto, momento no cal sacaremos o lomedro da pota, introducirémolo no forno nunha bandexa, rodeado das patacas e regado co caldo de carne restante.

Terémolo a 180 graos uns 15 minutos, ata que a carne estea doradiña, e as patacas absorban todo o caldo.

Montaxe:

Recollemos, salgamos e coamos a salsa do asado,.

Presentamos nunha fonte rodeado das patacas e bañado pola salsa.

Receta de Codillo de Ternera de Casa Pena en Moeche

Comparte...