Receita de Consomé de mexillóns de Galicia con infusión de fiuncho e azafrán, cortesía de Mexillón de Galicia

Receita de Consomé de mexillóns de Galicia con infusión de fiuncho e azafrán, cortesía de Mexillón de Galicia

Receita de Consomé de mexillóns de Galicia con infusión de fiuncho e azafrán , cortesía da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia para BenBo.

Ingredientes

1 quilo de mexillóns, 1 ramiña de fiuncho, fíos de azafrán, sal, pan de molde, viño fino de Jerez.

Preparación:

Cocemos e descunchamos os mexillóns. Coamos o caldo da cocción para extraer as súas impurezas.

Levamos a ebullición o caldo perfumado con Jerez, fiuncho e azafrán. Fritimos uns picatostes e colocámolos no fondo da taza.

Botamos o consomé, uns mexillóns e finalizamos decorando cos fíos de azafrán.

Receita de consomé de mexillóns de Galicia

Comparte...