Receita de bonito con sésamo e salsa de pementos

Receita de bonito con sésamo e salsa de pementos

Receta cedida polo restaurante Casa Pendás, Narón.

Salsa

Pemento

Cebola

Tomate

Allo

Viño branco

Caldo de pescado

Sal

Fondeamos con cebola, pemento, tomate e allo. Engadimos o viño branco e deixar reducir. Incorporamos o caldo de pescado. Trituramos, pasamos por un chino e sazonamos.

Bonito

Bonito en tacos

Sésamo

Aceite de oliva

Temperamos os tacos de bonito, marcamos na prancha e rebozamos no sésamo.

Guarnición

Patacas

Leite

Manteiga

Pementa

Sal

Cocemos as patacas en auga abundante, escorremos e machacamos, incorporando o leite, a manteiga, o sal e a pementa.

Empratado

Colocamos a salsa no fondo do prato no centro o bonito ao lado as patacas esmagadas en forma de quenelle. Acompañamos con pementos do Couto.

Comparte...