Receta de empanada de bonito

Receta de empanada de bonito

Receta cedida polo restaurante Casa Pendás, Narón.

Farsa

Cebola

Pemento Vermello

Pemento Verde

Aceite de Oliva

Sal

Pementón doce

Cortar a cebola en xuliana, cos pementos e sofritir en abundante aceite removendo constantemente. Cando estea cociñado engadir o sal e o pementón.

Masa

1.5 kg de fariña

2 ovos

Auga quente

Facer un volcán coa fariña incorporar os ovos, o aceite sobrante da farsa e a auga quente. Amasamos todos os ingredientes ata que non se pegue nas mans.

Elaboración:

Estendemos a masa e colocamos sobre a empanadeira cuberta con papel de forno. Cubrimos coa farsa e estendemos o bonito. Cubrimos novamente coa masa e pinchámola por riba. Pintar co aceite da cebola. Meter no forno previamente quecido durante 40 min a 165º.

Comparte...