Receita de ensalsada morna de bonito con cebola caramelizada

Receita de ensalsada morna de bonito con cebola caramelizada

Receita cedida polo restaurante Pazo de Mendoza, Baiona.

Ingredientes
Cebola
Azucre moreno
Vinagre de módena

Cortar a cebola en rebandas moi finas, botámola nunha tixola con moi pouco aceite a lume moi lento para que solte a auga. Pasados 4 minutos engadimos sal e seguimos removendo ata que estea case transparente, subir o lume, engadir o azucre moreno e removemos ata que caramelice. Engadimos un chorriño de vinagre e deixamos reducir.

Ingredientes
Ventrecha de bonito
Pan brioche
Cherrys
Leitugas, folla de carballo, Escarola e rizada

Lavamos as leitugas e aliñamos. Cortamos o pan en láminas moi finas e tostamos. Corta mos os tomates en cuartos. Introducimos a ventrecha no forno 2 min a 165º.

Empratado
Poñemos a ensalada no centro do prato, enriba as lascas da ventrecha, a un lado a cebola e os tomates, e en medio destes a tella de pan brioche.

Comparte...