Receta de Falso coulant de chocolate de iogur ecológico e Mel de Galicia

Receta de Falso coulant de chocolate de iogur ecológico e Mel de Galicia

Receita creación de Manel Oliveira (Tapería Castelao en Santiago e Hotel Restaurante Casa Mar da Vila en Noia)

Receita gañadora do certame Ouro Doce en Fusión, Doce de Ouro na categoría profesional, organizado polo Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia

Ingredientes

  • 250 gr. de iogur ecolóxico
  • 12 xemas de ovo
  • 2 claras de ovo
  • 100 gr. de azucre
  • 100 gr. de manteiga
  • 50 gr. de fariña
  • 100 gr. de mel de Galicia

Elaboración do doce

Montamos as claras.

Montamos as xemas co azucre. Fundimos a manteiga e mesturámola co iogur. Mesturámolo coas xemas montadas, engadimos o azucre e a fariña e por último as claras a punto de neve.

Pasámolo a moldes individuais previamente engraxados e enfornámolo a 170 ºC durante 12 minutos. Deixámolo arrefriar e cunha xiringa introducímoslle o mel.

Presentación final do petisco

Poñémolo sobre un prato ou lousa negra; abrímolo por un lado para que saia o mel e decoramos cunha rama de romeiro salvaxe.

Comparte...