Receita de gratinados de Pataca de Galicia e bacallao

Receita de gratinados de Pataca de Galicia e bacallao

Receita facilitada pola Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia

Ingredientes para 4 persoas

  • 1 kilo de Patacas de Galicia
  • 1/2 Kg. Bacallao
  • 2 cebolas
  •  Aceite de Oliva
  •  Perexil
  •  Sal

Elaboración

Cocemos as patacas con pel ao vapor durante 45 minutos. Desalgamos o bacallao e esmiuzámolo.

Cortamos a cebola en xuliana, refogamos a cebola en aceite de oliva.

Incorporamos o bacallao, dámoslle voltas con coidado para que non se desfaga demasiado, pelamos as patacas e cortámolas en lonchas finas.

Untamos con aceite unha cazola de forno e imos alternando capas de pataca e bacallao, sendo a última capa de bacallao.

Pomos un pouco de pirexel picado fino e enfornamos 20 minutos a 180 graos.

Comparte...