Receita de pan de castaña sen glute, de Flavio Morganti

Receita de pan de castaña sen glute, de Flavio Morganti

Flavio Morganti, do Restaurante Galileo ofrécenos esta receita de pan de castaña sen glute. Morganti é autor de El Árbol del Pan – Misterios de las castañas y sus recetas (editorial Everest), con imaxes de Xurxo Lobato.

Ingredientes

  • 1 kg de fariña de castaña
  • 120 gramos de maicena
  • 500 gramos de patacas cocidas
  • 40 gramos de fermento
  • 500 gramos de auga
  • 250 gramos de leite
  • 2 ovos
  • 150 gramos de manteiga
  • 12 gramos de sal

Elaboración 

Colocamos todos os ingredientes no batedor, deixando a manteiga para o final. Despois de mesturarmos ben, amasamos a pasta suavemente durante 5 minutos e deixámola fermentar durante unha noite, envolvida nun trapo húmido.

Moldeamos o pan e enfornámolo a 180 graos.

O tempo de estanza no forno variará, dependendo do tamaño da peza ou pezas.

Comparte...