Receita de Pastel de Pataca de Galicia: Recheo de tenreira galega, facilitada pola Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia

Ingredientes

  • 8 conchas de vieira
  • 1 Kg. de puré de patacas de Galicia
  • 300 gr. de Tenreira Galega
  • 3 dentes de allo
  • 1 pemento vermello
  • 1 cebola
  • 2 cenorias
  •  Medio vaso de tomate fritido
  •  Pementa Branca
  •  Sal

Elaboración

Pícanse a cebola, as cenorias, o pemento vermello e o allo; e refógase todo.

Unha vez feito, súmase a carne picada e remóvese cunha espátula de madeira.

Salpimentamos, engádese un pouco de tomate fritido e cócese durante 5 minutos.

Énchense a base das cunchas de vieiras co puré de patacas; pomos unha capa do recheo e cubrimos lixeiramente con máis puré coa axuda dunha manga pasteleira, tapando ben.

Métense as cunchas ao forno durante 10 minutos a 180 graos.

Comparte...