Receita de pataca de Galicia en salsa bordolesa

Receita de pataca de Galicia en salsa bordolesa

Receita facilitada pola Indicación Geográfica Protegida Pataca de Galicia

Ingredientes

  • 1 quilo de patacas de Galicia
  • 1 cebola
  • 3 dentes de allo
  • 100 gramos de manteiga
  • 300 gramos de touciño entrefebrado
  •  1 vaso de viño tinto
  •  Caldo de carne
  •  Tomiño e sal
Elaboración

Cortamos a cebola fina e allo; e refogamos coa manteiga ata que tome unha pouca de cor.

Pelamos as patacas pequenas novas, cortamos o touciño entrefebrado en dados e incorporamos todo á cazola. Damos unhas voltas para que todo se mesture. Botamos un vaso de viño tinto.

Cando o viño reduza á metade, cóbrense as patacas cun caldo de polo ou de tenreira, tápase e déixanse cocer uns 20 minutos.

A este guiso bótaselle unha póla pequena de tomiño.

Comparte...